A Immunoloxía é unha ciencia que examina a estrutura e función do sistema inmunolóxico. Orixínase na medicina e nos primeiros estudos sobre as causas da inmunidade ás enfermidades. A referencia máis antiga á inmunidade prodúcese durante a praga de Atenas no 430 a. C. Tucídides notou que algunhas persoas que se recuperaron dun brote anterior da enfermidade podían atender aos enfermos sen contraer a enfermidade por segunda vez. Esta observación de inmunidade adquirida foi logo utilizada por Louis Pasteur no desenvolvemento da vacinación e na súa Teoría microbiana da enfermidade. A teoría de Pasteur opoñíase ás teorías contemporáneas sobre as enfermidades. Non se confirmou que os microorganismos fosen a causa das enfermidades infecciosas ata 1891, cando Robert Koch enunciou os seus postulados, polos que recibiu o Premio Nobel en 1905. En 1901, co descubrimento do virus da febre amarela por Walter Reed, confirmouse que os virus son patógenos humanos.
Produciuse un gran avance na inmunología cara ao final do século XIX, grazas ao rápido desenvolvemento dos estudos de inmunidade humoral e de inmunidad celular.
Paul Ehrlich
Paul Ehrlich (n. Strehlen, Silesia (hoxe Strzelin, Polonia), 14 de marzo de 1854 - Hamburgo, 20 de agosto de 1915), foi un eminente bacteriólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1908.
Estudou na Universidade de Breslau (hoxe Wroclaw, Polonia) e máis tarde na de Estrasburgo, Friburgo de Brisgovia e Leipzig, onde acabou os seus estudos, doctorándose en 1878 cunha tese sobre a teoría e práctica da tinción histológica. A el débese a demostración da existencia da barreira hematoencefálica ao tintar con anilina o sangue dun ratón e demostrar que esta sustancia non tintaba o cerebro.
Comezou a traballar de axudante na clínica da Universidade de Berlín, sendo nomeado profesor auxiliar da mesma en 1889 e ao ano seguinte catedrático de medicina interna. Foi director do Hospital da Caridade, en Berlín, onde impulsou o campo da hematoloxía, desenvolvendo métodos para a detección e diferenciación de diversas enfermidades do sangue.
En 1896 foi nomeado director do Real Instituto Prusiano de Investigacións e Ensaios de Sueros, onde desenvolveu diversos métodos de tinción dos tecidos con anilina para estudar as reaccións microquímicas das toxinas. Unha das súas maiores innovacións consistiu no uso de diferentes tintes (azuis de metileno e de indofenol) como tintes selectivos para diferentes tipos de células. Neste sentido, foi o primeiro en investigar as vías do sistema nervioso, inxectando azul de metileno nas venas de coellos vivos, obtendo extraordinarios resultados experimentais ao tratar cun derivado azoico a animais que sufrían a enfermidade do sono. En 1904 curou un rato infectado de tripanosomiasis, inxectándolle na corrente sanguínea o colorante hoxe coñecido como vermello de trípano.
A súa principal contribución á medicina foi a teoría da inmunidade de cadea lateral, que establecía a base química para a especificidade da resposta inmunolóxica e que explica como os receptores da parte externa das células se combinan con toxinas para producir corpos inmunes capaces de combater a enfermidade. A súa teoría era que as células teñen na súa superficie moléculas receptoras específicas (cadeas laterales) que só se unen a determinados grupos químicos das moléculas de toxina; se as células sobreviven a esta unión, prodúcese un excedente de cadeas laterales, algunhas das cales son liberadas ao sangue en forma de antitoxinas circulantes (o que hoxe chamamos anticorpos).
Tamén fixo importantes achegas no campo da quimioterapia, que inclúen o descubrimento -en 1901- do 606 (por ser froito de 606 experimentos), a que el mesmo chamou bala máxica ou salvarsán (arsfenamina), unha preparación de arsénico orgánico empregada no tratamento da sífilis e da febre recurrente, e do neosalvarsán (neoarsfenamina). O neosalvarsán foi coñecido durante moito tempo como «Ehrlich 914» por tratarse do 914º composto preparado por Ehrlich e o seu axudante para combater esas enfermidades.
Ehrlich chamaba «balas máxicas» a estes preparados, xa que eran os primeiros compostos sintetizados que se usaban na curación das enfermidades infecciosas causadas por protozoos e outros seres unicelulares.
En 1908 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina co bacteriólogo ruso Ilya Mechnikov en recoñecemento ao traballo de ambos no terreo da química inmunolóxica.
sábado, 29 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario