martes, 11 de noviembre de 2008

Inmunidade Adaptiva: Linfocitos

O sistema inmunitario adaptativo desenvolveuse nos vertebrados primitivos e permite unha mellor resposta inmunitaria e tamén a existencia dunha memoria inmunolóxica, lembrando cada patóxeneo pola sinatura do seu antíxeno. A resposta inmunitaria adaptativa é caracterísitca para cada antíxeno e require o recoñecemento dos antíxenos foráneos durante o proceso coñecido como presentación antíxena. A especificidade do antíxeno permite producir respostas que se adaptan a patóxenos específicos ou a células infectadas por patóxenos. A habilidade para establecer esas respostas permanece no organismo por "células de memoria". Se un patóxeno infecta un organismo máis de unha vez, esas células específicas de memoria elimínao rapidamente.


Linfocitos



As células do sistema inmunitario adaptativo son un tipo especial de leucocitos, chamados linfocitos. As células B e as células T son os principais tipos de linfocitos e derívanse das células nai hematopoiéticas da médula ósea.
Tanto as células B como as células T conteñen moléculas receptoras que recoñecen albos específicos. As células T recoñecen un obxectivo externo, como un patóxeno, só despois que os antíxenos (pequenos anacos do patóxeno) foran procesados.

No hay comentarios: