sábado, 29 de noviembre de 2008

Inmunoloxía de tumores

Outro cometido importante do sistema inmunitario é o de identificar e eliminar células tumorais. As células transformadas dos tumores expresan antíxenos que non aparecen en células normais. O sistema inmunitario considera a estes antíxenos como estraños, o que ocasiona que as células inmunitarias ataquen ás células tumorais transformadas. Os antíxenos expresados polos tumores poden ter varias orixes; algúns derivan de virus oncóxenos como o papilomavirus humano, que ocasiona cancro de colo uterino mentres que outros son proteínas propias do organismos que se presentan en baixos niveis en células normais, pero que alcanzan altos niveis en células tumorais. Un exemplo é un enzima chamado tirosinasa que, cando se expresa en altos niveis, transforma a certas células da pel (melanocitos) en tumores chamados melanomas.

A principal resposta do sistema inmunolóxico é destruír as células anormais por medio de células T asasinas, algunhas veces con asistencia de células T axudantes. Ás veces xéranse anticorpos contra as células tumorais, o que permite que sexan destruídas polo sistema do complemento.

No entanto, algunhas células tumorais evaden a acción do sistema inmunitario e xeran cancros.

Pode desenvolverse tolerancia inmunolóxica fronte aos antíxenos tumorais, de forma que o sistema inmunitario deixa de atacar ás células tumorais.

No hay comentarios: