sábado, 29 de noviembre de 2008

Memoria inmunolóxica

Cando as células B e T son activadas e comezan a replicarse, algúns dos seus descendentes convertiranse en células de memoria cun longo periodo de vida. Ao longo da vida dun animal, estas células recordarán cada patóxeno específico que se atoparon e poden desencadear unha forte resposta se detectan de novo a ese patóxeno concreto. Isto é "adaptativo" porque ocorre durante o tempo de vida dun individuo como unha adaptación a unha infección por ese patóxeno e prepara ao sistema inmunitario para futuros desafíos. A memoria inmunolóxica pode ser pasiva e de curta duración ou activa e de longa duración.

Inmunidade pasiva
A inmunidad pasiva é xeralmente de curta duración, dende uns poucos días a algúns meses. Os recén nacidos non tiveron unha exposición previa aos microbios e son particularmente vulnerables ás infeccións. A nai proporciónalles varias capas de protección pasiva. Durante o embarazo, un tipo particular de anticorpo é transportado da nai ao bebé directamente a través da placenta, así os bebés humanos teñen altos niveis de anticorpos xa dende o nacemento e co mesmo rango de especificidade contra antíxenos que a súa nai. O leite materno tamén contén anticorpos que ao chegar ao intestino do bebé protéxeno de infeccións ata que este poida sintetizar os seus propios anticorpos.

Todo isto é unha forma de inmunidade pasiva porque o feto, en realidade, non fabrica células de memoria nin anticorpos, só os toma prestados da nai. En medicina, a inmunidade protectora pasiva pode ser tamén transferida artificialmente dun individuo a outro a través de suero rico en anticorpos.


Inmunidade activa e inmunización
A memoria activa de longa duración é adquirida logo da infección, pola activación das células T e B. A inmunidade activa pode ser tamén xerada artificialmente, a través da vacinación. O principio no que se basea a vacinación (tamén chamada inmunización) consiste en introducir un antíxeno dun patóxeno para estimular ao sistema inmunolóxico e desenvolver inmunidade específica contra ese patóxeno particular sen causar a enfermidade asociada con ese microorganismo.

Esta deliberada indución dunha resposta inmune é efectiva porque explota a especificidade natural do sistema inmunolóxico. Sendo a enfermidade infecciosa unha das causas máis frecuentes de morte na poboación humana, a vacinación representa a manipulación máis eficaz do sistema inmunolóxico que desenvolveu a humanidade.

No hay comentarios: